Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Xornalistas Galegas

Xornalistas Galegas é un colectivo de mulleres profesionais das ciencias da comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia na defensa dun xornalismo con perspectiva feminista.

Fundado en 2018, ten entre os seus obxectivos visibilizar as mulleres e desestigmatizar a súa presenza nos medios de comunicación, instaurar o tratamento especializado da violencia de xénero nos contidos dos medios e controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral nas empresas de comunicación.

En 2019, o colectivo gañou o premio Comunicar en Igualdade, que outorga a Xunta de Galicia, pola reportaxe As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións.

Twitter: @asxornalistas