Noemí López Trujillo
Noemí López Trujillo (Bilbao, 1988). Reporteira feminista. Pasou polas redaccións de varios medios como ABC, 20minutos e El Español, e colaborou de maneira habitual en eldiario.es, La Marea e El País.
En decembro de 2017 publicou en Podium Podcast (Radio Prisa) Lo conocí en un Corpus, un documental sonoro que investiga o asasinato de Ana Orantes vinte anos despois do crime machista.
Obtivo o Premio de Periodismo Xove sobre Violencia de Xénero 2017 que outorga o Instituto da Xuventude de España (Injuve).
Actualmente escribe reportaxes de temática social, sempre desde unha perspectiva de xénero, en Newtral.es. É autora do ensaio El vientre vacío (Capitán Swing, 2019) sobre como a precariedade imposibilita a maternidade.
Foto: Javier Nadales
Twitter: @nlopeztrujillo