Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020

Ángeles Caballero

Ángeles Caballero

Ángeles Caballero (Madrid). Xornalista que se serve do humor para tentar ver as cousas doutra maneira: con lixeireza, que non frivolidade, aínda que a reivindico. Parín dous nenos e tres medios, —¡Qué!, elEconomista e Ctxt—, pero só o primeiro o fixen soa. Tamén traballei en ABC e Actualidad Económica e, polo camiño, gañei un par de premios: un por escribir sobre Rodrigo Rato, o que me permitiu pasar pola Universidade de Columbia (xúrolles que era Manhattan, non Aravaca); o outro baixo a tapa dun iogur de amorodo. Unha vez dixen que quería ser a Lina Morgan do século XXI. Estou niso, pero non me pagan tanto como para comprar un teatro na Latina.

Actualmente escribo, opino e fago o que podo en El Confidencial, Onda Cero, La Sexta e Canal 24 Horas.

Twitter: @macaballeroma