Plans e proxectos

Info Rías Baixas

Nome do programa: Rede de oficinas de turismo da provincia Info Rías Baixas

Obxectivos: unha vez creada a rede Info Rías Baixas, o obxectivo principal é regular unha imaxe unificada e unhas características homoxéneas do servizo de atención ao público, mellorando o grao de satisfacción das e dos visitante.

Destinatarios: oficinas e puntos de información turística da Deputación de Pontevedra, oficinas e puntos de información cuxa titularidade lles corresponda a entidades locais da provincia e oficinas e puntos de información turística cuxa titularidade lles corresponda a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.

Actividades que se desenvolven: desenvolvemento dunha imaxe e cultura corporativa comúns, utilización de plataformas de xestión, soporte e contidos informativos homoxéneos, apoio técnico desde o Servizo de Turismo Rías Baixas, cobertura de demandas de información turística baseadas en novos métodos e tecnoloxías, obtención de estatísticas fiables sobre os perfís das e dos turistas que visitan a provincia, posibilidade de optar a distintivos de calidade e a axudas da Deputación de Pontevedra para a dotación de persoal.

Medios: recursos humanos e materiais: técnicos de turismo do Servizo, persoal de información turística, características mínimas das oficinas e puntos de información turística que se integran na rede Info Rías Baixas. Orzamento destinado á execución.

Tempo previsto para a súa consecución: prazo aberto para a solicitude de adhesión á rede Info Rías Baixas desde o día seguinte ao da publicación no BOPPO da súa Ordenanza reguladora  (BOPPO núm. 93 de 15 de maio de 2018).

Enlace da web: Ordenanza reguladora https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/05/15/2018025921

Última modificación: venres, 31 agosto 2018