Plans e proxectos

Q de Calidade Turística Española

Nome do programa: Q de Calidade Turística Española

Obxectivos: a marca de garantía Q de Calidade Turística é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. O Servizo de Turismo Rías Baixas conta coa Oficina de Turismo Rías Baixas e os puntos de información turística do mosteiro da Armenteira e do Aeroporto de Vigo distinguidos coa Q de Calidade Turística, que garante a calidade, seguridade e profesionalidade do servizo de atención, seguindo a norma UNE-ISO 14785:2015, sobre oficinas de información turística.

Destinatarios: oficinas e puntos de información turística da Deputación de Pontevedra, oficinas e puntos de información adheridos á rede de oficinas de turismo da provincia Info Rías Baixas.

Actividades que se desenvolven: implantación dun sistema de xestión orientado ao servizo ao cliente e con mellora continua.

Medios: recursos humanos e materiais: técnicos de turismo do Servizo, persoal de información turística, oficinas de turismo do Servizo de Turismo Rías Baixas, oficinas e puntos de información turística que se integran na rede Info Rías Baixas, norma UNE-ISO 14785:2015, sobre oficinas de información turística.

Tempo previsto para a súa consecución: auditorías anuais de renovación e seguimento do cumprimento da norma de aplicación.

Enlace da web: http://www.calidadturistica.es

Última modificación: venres, 31 agosto 2018