Plans e proxectos

CastroDeza

Nome do programa: Centro CastroDeza

Obxectivos: promover o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible na comarca de Deza a través dos seus recursos.

O Centro CastroDeza localízase no Castro tecnolóxico, un edificio vangardista construído polos arquitectos Luis M. Mansilla e Emilio Tuñón, que acolle tamén o Concello de Lalín, entre outros servizos.

Este centro, en conxunto co Museo de Pontevedra, conforma o Centro Virtual da Cultura Castrexa, que pon en valor o patrimonio cultural da provincia dándolle maior alcance á cultura castrexa como instrumento dinamizador.

Destinatarios: todos aqueles que o desexen poden visitar o Centro CastroDeza e combinar a parte didáctica coa parte lúdica e experimental a través de obradoiros que teñen en conta a cultura castrexa e a da comarca de Deza como eixe principal (situación: 42º 39´ 39.183" N / 8º 6´ 59.342" W).

Actividades que se desenvolven: visitas orientadas á divulgación e obradoiros onde se realizan tarefas propias dun laboratorio arqueolóxico.

Medios: recursos humanos e materiais: técnicos do Centro CastroDeza e técnicos do Museo de Pontevedra. CastroDeza é un proxecto museográfico baseado nas novas tecnoloxías que da a oportunidade de redescubrir a cultura da comarca de forma innovadora.

Tempo previsto para a súa consecución:

Enlace da web: www.castrodeza.depo.es

Última modificación: venres, 31 agosto 2018