Plans e proxectos

Mulleres en acción. Violencia Zero

Nome do programa: "Mulleres en acción. Violencia Zero"

Obxectivos: reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país en particular, e por extensión, no mundo. Promover a visibilidade das artistas novas galegas; provocar o achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, a experiencia e a creación colectiva; e incentivar a integración de mulleres e homes na loita contra unha realidade que nos afecta a todas e a todos.

Persoas destinatarias: cidadanía en xeral.

Actividades que se desenvolven: 25 accións formativas de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades: pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance, que se levarán a cabo en 25 concellos da provincia.

Medios: recursos humanos e materiais, artistas de diferentes modalidades artísticas, comisaria do programa. Orzamento destinado para cada unha das accións formativas.

Tempo previsto para a súa consecución: un ano.

Enlace da web: www.depo.gal/mulleres-en-accion-violencia-zero

Última modificación: martes, 22 outubro 2019