Plans e proxectos

Conectadas

Obxectivos: mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Persoas destinatarias: asociacións, federacións e fundacións sen animo de lucro que traballen na promoción, empoderamento e asociacionismo das mulleres na provincia.

Actividades que se desenvolven: accións formativas recollidas no catálogo ofertado de 35 horas cada unha, incluído un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de 5 horas de duración.

Medios: persoas expertas en diferentes áreas, empresa adxudicataria da xestión e control do programa. Orzamento destinado para cada unha das accións formativas.

Tempo previsto para a súa consecución: un ano.

Enlace da web: https://www.depo.gal/web/edepo/conectadas

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018