Plans e proxectos

Escola de Igualdade María Vinyals

Nome do Programa: Escola de Igualdade María Vinyals

Obxectivos: crear un espazo de referencia no que se imparta formación gratuíta e de calidade en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e que sexa un lugar de encontro e intercambio de saber para os equipos de profesionais que traballan na loita contra a violencia machista e na procura da igualdade efectiva.

Persoas destinatarias: preferentemente o persoal técnico da Administración local, as e os profesionais que traballan na loita contra a violencia machista e as mulleres electas que desenvolven o seu labor na provincia de Pontevedra.

Actividades que se desenvolven: xornadas de formación, seminarios, congresos e charlas, entre outras actividades.

Medios: recursos humanos e materiais, persoas expertas en diferentes áreas, empresas adxudicatarias. Orzamento destinado a cada unha das accións formativas.

Tempo previsto para a súa consecución: cada ano lévase a cabo a programación prevista en función dos centros de interese.

Enlace da web: https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018