Control e seguimento do Servizo Telefónico de Atención e Protección ás vítimas de violencia de xénero (ATENPRO)
Nome do programa: ATENPRO
Obxectivos: proporcionar medidas protectoras de carácter civil e social que eviten o desamparo das vítimas de violencia de xénero; fornecéndolles unha atención inmediata e asegurando unha resposta rápida ás eventualidades que poidan sobrevir, as 24 horas do día e os 365 días do ano, sexa cal sexa o lugar no que se atopen.
Destinatarias mulleres vítimas da violencia de xénero empadroadas en concellos de menos de 20.000 habitantes.
Actividades que se desenvolven: a través do dispositivo móbil entregado a usuaria poderá poñerse en contacto co Centro de Atención Permanente tan só premendo un botón. O centro conta con persoal especializado na violencia de xénero e mantén contacto permanente coas forzas de seguridade.
Medios: recursos humanos e materiais destinados ao programa.
Tempo previsto para a súa consecución: indefinido.
Enlace da web: https://www.depo.gal/web/edepo/teleasistencia-movil-para-las-vicitmas-de-violencia-de-genero#
Última modificación: xoves, 06 setembro 2018