Plans e proxectos

Depoemprende na Escola, Educación Especial, ESO e FP

Nome do programa: Depoemprende na Escola, Educación Especial, ESO e FP.

Obxectivos: promover o desenvolvemento de proxectos que contribúan ao estímulo da cultura emprendedora no sistema educativo.

Destinatarios: estudantes de educación primaria, educación especial, ESO, FP e centros educativos públicos.

Actividades que se desenvolven: creación de proxectos por parte do alumnado (cooperativa, en primaria e educación especial; cooperativa de comercio exterior, en ESO; e deseño dun proxecto empresarial, en FP). Formación do profesorado, titorías, asesoramento e actividades conxuntas.

Medios: persoal técnico do servizo. Orzamento destinado á execución do plan. Empresa adxudicataria.

Tempo previsto para a súa execución: curso escolar.

Enlace da webwww.depo.gal/depoemprende      

Última modificación: luns, 21 outubro 2019