Plans e proxectos

Programa de doazón de material para espazos públicos 2017

Nome do programa: Programa de doazón de material para espazos públicos 2017

Obxectivos: mellorar a calidade de vida da cidadanía mediante a recuperación ambiental dos espazos públicos degradados, xardíns, parques ou calquera tipo de área de lecer dos concellos para convertelos en zonas de convivencia.

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.

Actividades que se desenvolven: subministración de material de mobiliario adecuado para espazos públicos de titularidade municipal como xardíns, parques infantís, parques biosaudables, outros espazos verdes ou calquera outro tipo de área de lecer. O material consiste en equipamento novo ou a substitución de elementos existentes deteriorados, dalgunha das seguintes modalidades:

  • Elementos de mobiliario: bancos, papeleiras, elementos de sinalización e protección, pezas de cantería e calquera outro elemento que se fabrique nos servizos da Deputación.
  • Elementos de axardinamento: elementos vexetais, plantas, árbores, frutais ou similares.

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo e 1 arquitecto
    • Xefa de servizo, 1 administrativo e 1 auxiliar administrativo
  • Económicos: material producido polos servizos propios da Deputación (bancos urbanos ou rurais, papeleiras, paneis informativos, pezas de cantería e elementos vexetais). O material doado estímase en 46.096,98 €.
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan

Tempo previsto para a súa consecución: 2 anos. Período 2017 (doazón) – 2018 (xustificación)

Última modificación: xoves, 06 setembro 2018