Préstamos sen xuros 2017
Nome do programa: Bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de préstamos sen xuros (anticipos) a concellos da provincia de Pontevedra. Ano 2017
Obxectivos: mellorar a economía dos concellos mediante a concesión de préstamos.
Destinatarios: todos os concellos da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.
Actividades que se desenvolven:
Liña 1.- Financiamento de inversión: con carácter preferente, para facerlles fronte á achega dos beneficiarios aos investimentos incluídos nos plans provinciais de cooperación, aos investimentos financiados con fondos FEDER ou outros fondos comunitarios, así como a outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou a Comunidade Autónoma. Asemade, para o resto de investimentos en obras e servizos dos concellos beneficiarios. Prazo de 15 anos.
Liña 2.- Operacións de tesourería: para facerlles fronte ás necesidades urxentes ou desfases transitorios, previo informe dos servizos de Cooperación e de Intervención da Deputación, cando o considere así o órgano competente para conceder. Prazo máximo de 1 ano.
Medios:
-
Persoais:
- Xefa de servizo e 1 técnico de xestión
- Comisión de valoración
-
Económicos: ano 2017
- Total: 1.000.000,00 €
- Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas
Tempo previsto para a súa consecución: 15 anos máis 3 de carencia para préstamos a longo prazo e 1 ano sen carencia para os préstamos a curto prazo.
Enlace da web: https://www.depo.gal/prestamos-sen-xuros-a-concellos
Última modificación: venres, 07 setembro 2018