Plans e proxectos

Préstamos sen xuros 2016

Nome do programa: Bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de préstamos sen xuros (anticipos) a municipios da provincia de Pontevedra. Ano 2016

Obxectivos: mellorar a economía dos municipios mediante a concesión de préstamos aos concellos.

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.

Actividades que se desenvolven:

Liña 1. Financiamento de investimento: con carácter preferente, para facerlle fronte á achega dos beneficiarios aos investimentos incluídos nos plans provinciais de cooperación, aos investimentos financiados con fondos FEDER ou a outros fondos comunitarios, así como a outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou Comunidade Autónoma. Asemade, para o resto de investimentos en obras e servizos dos concellos beneficiarios. Prazo: 15 anos.

Liña 2. Operacións de tesourería: para facerlle fronte ás necesidades urxentes ou desfases transitorios, previo informe dos servizos de Cooperación e de Intervención da Deputación, cando o considere así o órgano competente. Prazo máximo de 1 ano.

Medios:

  • Persoais:
    • Xefa de servizo e 1 técnico de xestión
    • Comisión de valoración
  • Económicos: Ano 2016
    • Total: 1.500.000,00 €
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do servizo de todas as dúbidas

Tempo previsto para a súa consecución: 15 anos, mais 3 de carencia para préstamos a longo prazo e 1 ano sen carencia para os préstamos a curto prazo.

Enlace da web: https://www.depo.gal/prestamos-sen-xuros-a-concellos

Última modificación: xoves, 06 setembro 2018