Plans e proxectos

Plan Concellos 2016

Nome do programa: Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Concellos) 2016

Obxectivos: asegurar a adecuada prestación dos servizos públicos municipais básicos co obxectivo de garantir a igualdade da poboación da provincia no acceso aos servizos de competencia municipal:

  • Realización de novos investimentos que garantan o funcionamento dos servizos municipais e a reactividade económica
  • Cofinanciamento dos gastos correntes municipais
  • Fomento do emprego municipal

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes

Actividades que se desenvolven:

  • Liña 1. Investimentos
  • Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes
  • Liña 3. Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais
  • Liña 4. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo, 1 arquitecto, 1 enxeñeiro de camiños, enxeñeiros técnicos e bolseiros
    • Xefa de servizo, 2 técnicos de xestión, 1 técnico de administración e persoal administrativo e auxiliar
  • Económicos: 40.000.000 €
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas las dúbidas do Plan

Tempo previsto para a súa consecución: dous máis un de prórroga (2016-2018).

Enlace da web: https://www.depo.gal/plan-concellos-2016

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018