Plans e proxectos

Plan Depo-REMSE 2018-2019

Nome do programa: Plan de remodelación e mellora de seguridade dos viarios municipais (Plan Depo-REMSE) 2018-19

Obxectivos:

  • Modalidade de asistencia económica aos concellos de conformidade coas necesidades municipais recollidas en materia de infraestruturas viarias
  • Desenvolver unha mobilidade sustentable que lle dea prioridade á seguranza e á mobilidade peonil en calquera estrada

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.

Actividades que se desenvolven:

  • Eixe 1: mellora da seguridade viaria en rúas e viarios locais
  • Eixe 2: actuacións integrais de mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna de centros de elevada atracción

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo e 1 enxeñeiro de camiños
    • Xefa de servizo, 1 técnico de administración xeral e 1 administrativo
    • Comisión de expertos
    • Comisión de valoración
  • Económicos: ano 2018-2019. Financiación da Deputación:
    • Ano 2018: 7.000.000 €
    • Ano 2019: 4.000.000 €
    • Total: 11.000.000,00 €
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan

Tempo previsto para a súa consecución: en total 2 anos (2018-2020).

Enlace da web: https://www.depo.gal/plan-deporemse

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018