Plans e proxectos

Plan Concellos 2018-19

Nome do programa: Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2018-19

Obxectivos: asegurar a adecuada prestación dos servizos públicos municipais básicos co obxectivo de garantir a igualdade da poboación da provincia no acceso aos servizos de competencia municipal:

  • Realización de novos investimentos que garantan o funcionamento dos servizos municipais e a reactividade económica
  • Cofinanciamento dos gastos correntes municipais
  • Fomento do emprego municipal

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes

Actividades que se desenvolven:

  • Liña 1. Investimentos (anos 2018-2019)
  • Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, incluídos os derivados da realización de actos culturais, deportivos, sociais, educativos etc. (ano 2018)
  • Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais (ano 2018)

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo, 1 arquitecto, 1 enxeñeiro de camiños e enxeñeiros técnicos
    • Xefa de servizo, 2 técnicos de xestión, 1 técnico de administración e persoal administrativo e auxiliar
  • Económicos:
    • Ano 2018: 42.000.000 €
    • Ano 2019: 30.000.000 €
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan

Tempo previsto para a súa consecución: en total 3 anos (2018-2020).

Enlace da web: https://www.depo.gal/plan-concellos-2018-2019

Última modificación: venres, 05 outubro 2018