Plans e proxectos

Plan Concellos 2017

Nome do programa: Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2017

Obxectivos: asegurar a adecuada prestación dos servizos públicos municipais básicos co obxectivo de garantir a igualdade da poboación da provincia no acceso aos servizos de competencia municipal:

  • Realización de novos investimentos que garantan o funcionamento dos servizos municipais e a reactividade económica
  • Cofinanciamento dos gastos correntes municipais
  • Fomento do Emprego municipal

Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes

Actividades que se desenvolven:

  • Liña 1. Investimentos
  • Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes
  • Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais

Medios:

  • Persoais:
    • Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo, 1 arquitecto, 1 enxeñeiro de camiños, enxeñeiros técnicos e bolseiros
    • Xefa de servizo, 2 técnicos de xestión, 1 técnico de administración e persoal administrativo e auxiliar
  • Económicos: 41.200.000 €
  • Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan.

Tempo previsto para a súa consecución: en total 2 anos (2017-2018).

Enlace da web: https://www.depo.gal/plan-concellos-2017

Última modificación: venres, 05 outubro 2018