Plans e proxectos

Depotermal

Nome do programa: Depotermal 

Obxectivos: fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico

Destinatarios: persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que cumpran unha serie de requisitos.

Actividades que se desenvolven: "Depotermal" conta con dous programas termais:

  • Programa de asistencia diaria: consiste en acudir cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou tarde, a utilizar durante un mínimo de dúas horas as instalacións do establecemento elixido.
  • Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa: estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso ou spa da provincia de Pontevedra, con actividades de animación sociocultural.

Medios: recursos humanos e materiais a través dunha empresa especializada na materia.

Tempo previsto para a súa consecución: cada ano realízanse os traballos de implantación e desenvolvemento do programa.

Enlace da web: https://www.depo.gal/web/depotermal

Última modificación: luns, 21 outubro 2019