Plans e proxectos

DepoRúARTE

Nome do programa: DepoRúARTE 2018

Obxectivos: afondar na formación cívica das e dos participantes, incidindo en valores como a cooperación, o traballo en equipo, a pluralidade e o coidado do medio, achegando a arte urbana ás persoas participantes e recoñecer o seu valor como ferramenta social.

Destinatarios: centros de secundaria da provincia de Pontevedra.

Actividades que se desenvolven: desenvolvemento dun proxecto que combina formación en valores cunha actividade de arte urbana participativa.

Medios: recursos humanos e materiais a través dunha empresa especializada na materia.

Tempo previsto para a súa consecución: entre os meses de maio e decembro.

Enlace da web: https://www.depo.gal/web/depo-ruarte

Última modificación: luns, 21 outubro 2019