Plans e proxectos

Depo en Marcha

Nome do programa: Depo en Marcha 

Obxectivos: favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade das persoas maiores da provincia de Pontevedra co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Destinatarios: as seguintes entidades de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra:

  • Asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que figuren no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) como entidades de iniciativa social dentro da área de maiores da provincia de Pontevedra.
  • Entidades que figuren no Rexistro Xeral de Asociacións, recollidas dentro da provincia de Pontevedra e clasificadas na categoría tipo: terceira idade, pensionistas e xubilados.
  • Asociacións de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas e xubiladas non recollidas nas anteriores.
  • Entidades que, sen estar rexistradas nas categorías anteriores, xustifiquen o seu labor no ámbito das persoas maiores.

Actividades que se desenvolven: obradoiros cunha duración de 30 horas dirixidos á terceira idade.

Medios: recursos humanos e materiais à a través dunha empresa especializada na materia.

Tempo previsto para a súa consecución: cada ano realízanse os traballos de implantación e desenvolvemento do programa.

Enlace da web: https://www.depo.gal/web/depo-en-marcha

Última modificación: luns, 21 outubro 2019