Plans e proxectos

Depo Aventura

Nome do programa: Depo Aventura 

Obxectivos: fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural.

Destinatarios: nenas e nenos da provincia de Pontevedra

Tamén poderán participar:

  • Menores en situación de tutela ou garda por parte da Administración que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra
  • Menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía

Actividades que se desenvolven: o programa permite que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

Medios: recursos humanos e materiais à a través dunha empresa especializada na materia.

Tempo previsto para a súa consecución: cada ano realízanse traballos de implantación e desenvolvemento do programa (desde finais de xuño ata principios de setembro).

Enlace da web: https://www.depo.gal/web/depo-aventura

Última modificación: luns, 21 outubro 2019