ORAL-Xestión tributaria

O ORAL nun clic. Sistema de notificación electrónica da OVT do ORAL


24 abril 2020

Podes darte de alta no sistema de notificacións electrónicas do ORAL desde a casa. Terás notificación puntual dos teus tributos municipais xestionados por nós.

Só tes que acceder á nosa Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal) con calquera dos medios de autenticación dispoñibles, ir á túa información persoal, incluír un enderezo de correo electrónico ao que che poidamos enviar os avisos de posta a disposición de notificacións e darte de alta no sistema de notificacións electrónicas.

 

Máis información en:

886 211 400

informacion.oral@depo.gal