ORAL-Xestión tributaria

Sentencia do Tribunal Constitucional


27 outubro 2021

O Pleno do Tribunal Constitucional ven de declarar a inconstitucionalidade e nulidade dos artigos 107.1 parágrafo segundo, 107.2ª a) e 107.4 do Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, que se refiren ao cálculo da Base Impoñible do Imposto sobre o Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU).

Tal cuestión ven derivada da estimación da cuestión de inconstitucionalidade núm. 4433-2020 promovida pola Sala do Contencioso Administrativo do TSJ de Andalucía, Ceuta e Melilla.

Nos próximos días o alto tribunal notificará a sentencia e dará a coñecer a información precisa sobre este pronunciamento e poderemos ampliar os efectos que se desprendan tanto para as persoas contribuíntes como para as entidades locais.

Nota informativa do Tribunal Constitucional