ORAL-Xestión tributaria

Recuperación da atención presencial sen cita previa no Servizo de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL)


27 setembro 2023

Dende o día 27 de setembro de 2023, a Deputación Pontevedra – ORAL recupera a atención presencial sen cita previa exclusiva para a cidadanía.

Porén, aquelas persoas que desexen planificar a súa asistencia ás nosas oficinas, e evitar así esperas, seguirán tendo a posibilidade de solicitar cita previa a través dos seguintes medios:

WEB ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

OVT: https://ovt.depo.gal   

SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.depo.gal/citaprevia

TELÉFONOS: 886 211 420 / 886 211 400

RELACIÓN DE OFICINAS PRESENCIAIS DO ORAL: https://ovt.depo.gal/ga/364009/DPONTEVEDRA/oficinas