ORAL-Xestión tributaria

O Tribunal Supremo sinala que a cifra de negocios do infractor é un factor de máis de gradación da sanción tributaria por faltar reiteradamente aos requirimentos administrativos de información do artigo 203.5.c) da LXT


09 xuño 2022

A administración tributaria e os tribunais de xustiza teñen a potestade para fixar a multa atendendo non so a cifra de negocios da persoa incumpridora senón tamén a gravidade intrínseca da conducta e a individualidade do elemento subxectivo e a súa intensidade, sexa por dolo ou culpa.

A sentencia insiste en que a cifra de negocios da persoa infractora é un factor mais de gradación da sanción que debe quedar vinculada á conducta tipificada e a culpabilidade, sexa por dolo ou culpa, e dentro destas a intensidade coa que concorren, polo que se ben serve para fixar o límite máximo da multa, esta non debe impoñerse sempre no seu grado máximo, porque dependerá do resto das circunstancias do caso.

Sinala o TS que, de non ser así, incorreríase no absurdo de que conductas levísimas na súa realidade ou na culpabilidade se verían castigadas con penas desproporcionadas, sempre as mesmas, co único elemento determinante da cifra de negocio, enervando así a virtualidade de principios esenciais en materia sancionadora.

STS 1037/2022