ORAL-Xestión tributaria

Novo servizo online: obtención de relación de bens


10 outubro 2022

As persoas contribuíntes que o desexen poden obter informe dos obxectos tributarios existentes no padrón a través de nosa Oficina Virtual Tributaria (OVT), sen esperas nin demoras.

As persoas interesadas en obter estes informes poderán acceder na OVT, identificándose con calquera dos medios dispoñibles (certificado dixital, Cl@ve ou DNIe), ao apartado "Os meus datos" > "Obter informe", seleccionando o Concello, o tipo de informe e o concepto segundo o caso.

Mediante a posta en marcha deste servizo, rápido e sinxelo, o ORAL busca mellorar a gestión, simplificando os trámites para a ciudadanía e evitar desprazamentos innecesarios.