ORAL-Xestión tributaria

No IBI, ante a falta de pago en período voluntario resulta de aplicación o recargo executivo do 5% mentres non se notifique a providencia de prema


30 maio 2022

No caso de que se inicie o período executivo e aínda non se notificara a providencia de prema resulta de aplicación o recargo executivo do 5%.

Neste momento, de non poder obter unha carta de pago, só será admisible o pago da débeda tributaria mediante transferencia bancaria, se a ordenanza fiscal contempla tal medio de pagamento.

No caso en que, debendo facelo, a administración tributaria ou entidade autorizada para recibir o pago non o admita, a persoa obrigada tributaria poderá consignar o importe da débeda tributaria na Caixa Xeral de Depósitos ou órgano equivalente ou nalguna das súas sucursais con efectos liberatorios do pago dende a data en que fora efectuada polo importe que fora obxecto de consignación e sempre que se comunique ao órgano de recadación.

Consulta SG de Tributos Locais 0005-22