ORAL-Xestión tributaria

Prazo de pagamento das liquidacións tributarias emitidas fora do padrón anual


04 marzo 2022

Se recibiu unha liquidación tributaria fora do padrón anual, teña en conta que o prazo para realizar o pago en período voluntario dependerá da DATA DE RECEPCIÓN da mesma

  • Se a recibiu na primeira quincena do mes, o prazo para o pago finaliza o día 20 do mes posterior
  • Se a recibiu entre o 16 e o último día do mes, o prazo de pago finaliza o día 5 do segundo mes posterior

Se o último día de pago fora sábado, domingo ou festivo, estenderase o prazo de pago ao día hábil inmediato seguinte

Lembre que na nosa OVT (www.ovt.depo.gal) pode consultar á súa conta tributaria de forma cómoda e sen demoras, e que ten ao seu servizo o noso Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 / 886 211 420, onde poderemos aclarar todas as súas dúbidas sen necesidade de desprazamentos e esperas.