ORAL-Xestión tributaria

Exposición pública dos padróns e das listas cobratorias das taxas e prezos públicos de varios conceptos, exercicios e concellos da provincia e a súa cobranza


05 agosto 2021

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolucións de Tesourería de 07 de xullo de 2021 vense de aprobar os padróns e listas cobratorias das taxas e prezos públicos polos concellos e conceptos que se relacionan na publicación no BOPPO e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación.

Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación-ORAL.

Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 06 de agosto ata o 03 de setembro de 2021, ambas as datas incluídas.

A exposición ao público deste anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, e remitiráselles aos concellos incluídos para os efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

 

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA