ORAL-Xestión tributaria

É a quenda das TAXAS MUNICIPAIS, do 28 de outubro ao 29 de decembro de 2022


03 novembro 2022

O cuarto trimestre de cobranza das TAXAS MUNICIPAIS comeza o 28 de outubro e remata o 29 de decembro de 2022. A data de cargo en conta dos recibos domiciliados será o 2 de decembro.

No día seguinte á data límite de pagamento en período volutario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constriximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

A domiciliación tramítase:

  • Na OVT de xeito sinxelo, rápido e seguro.
  • Solicitándoa na súa entidade bancaria.
  • Presencialmente nas nosa rede de oficinas, EXCLUSIVAMENTE con CITA PREVIA (886 211 420 / 886 211 400).
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420 / 886 211 400) ou no correo electrónico informacion.oral@depo.es

Máis información sobre taxas municipais aquí