ORAL-Xestión tributaria

É a quenda das TAXAS MUNICIPAIS, do 5 de maio ao 5 de xullo de 2023


05 maio 2023

Dende o 5 de maio ata o 5 de xullo está aberto o prazo para o aboamento do segundo trimestre das TAXAS MUNICIPAIS en período voluntario.

Se non recibiu ou seu recibo, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre domiciliacións

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total do recibo é o 5 de xuño.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constriximento coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar costes innecesarios

A domiciliación tramítase:

  • Nesta OVT de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Solicitándoa na súa entidade bancaria
  • Presencialmente nas nosa rede de oficinas con cita previa (886 211 420/886 211 400)
  • Por teléfono a través do nos Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400 ou en informacion.oral@depo.es)

Máis información sobre as TAXAS MUNICIPAIS aquí