ORAL-Xestión tributaria

Oral informa: Concello de Vilaboa


29 setembro 2022

En uso das competencias delegadas de xestión, recadación e inspección da taxa de recollida de lixo vixente no concello de Vilaboa, se está a desenvolver un procedemento de "comprobación limitada" a efectos de proceder a regulación daqueles feitos impoñibles que non están actualmente tributando pola citada taxa.

Polo exposto, as persoas contribuíntes que non constan de alta no padrón fiscal recibirán durante o mes de outubro do actual ano 2022 as correspondentes notificacións referentes á regularización da súa situación tributaria con respecto á taxa de recollida de lixo, dispoñendo dun prazo de alegacións previo a súa incorporación no padrón e previo á notificación das liquidacións correspondentes para o seu abono.