ORAL-Xestión tributaria

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA REGULADORA DAS RELACIÓNS INTERADMINISTRATIVAS CONSECUENCIA DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS OU ENCOMENDA DE FUNCIÓNS NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O SEU EXERCICIO POLO ORAL


15 xuño 2023

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de marzo de 2023, aprobou inicialmente o expediente para o establecemento da Ordenanza reguladora das relacións intereadministrativas consecuencia da delegación de competencias ou encomenda de funcións na Deputación Provincial de Pontevedra para o seu exercicio polo Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Recursos Locais (ORAL).

Unha vez finalizado o período de exposición pública e ao non presentarse reclamacións, reparos ou observacións dentro do prazo mencionado, enténdese definitivamente aprobada a Ordenanza reguladora das relacións intereadministrativas consecuencia da delegación de competencias ou encomenda de funcións na Deputación Provincial de Pontevedra para o seu exercicio polo órgano desconcentrado ORAL.

  BOPPO 14/06/2023