ORAL-Xestión tributaria

Aberto o prazo para o aboamento do Imposto sobre Bens Inmobles


01 agosto 2022

Dende o 28 de xullo ata o 7 de novembro está aberto o prazo para o aboamento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI 2022) en período voluntario.

Se non recibiu ou seu recibo, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre domiciliacións

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total do recibo é o 10 de outubro

A data de cargo en conta do recibos domiciliados en dos prazos, cada un deles polo importe do 50% do importe do recibo é:

1º prazo: 12 de agosto

2º prazo: 3 de outubro

No día seguinte a data límite de pagamento en período volutario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constriximento coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar costes innecesarios

A domiciliación tramítase:

  • nesta OVT de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • solicitándoa na súa entidade bancaria
  • presencialmente nas nosa rede de oficinas exclusivamente con cita previa (886 211 420/886 211 400)
  • por teléfono a través do nos Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400 ou en informacion.oral@depo.es)

Máis información sobre o IBI aquí