Aberto o prazo para o aboamento do IAE 2023
Desde o 1 de setembro ata o 3 de novembro está aberto o prazo para o aboamento do imposto sobre actividades económicas (IAE) correspondente ao exercicio 2023.
Se non ten o seu recibo de pagamento, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:
- - En https://ovt.depo.gal
- - A través do correo electrónico informacion.oral@depo.gal
- - Nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420
Información sobre as domiciliacións
A data do cargo en conta dos recibos domiciliados é o 3 de novembro.
No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e así evitar custos innecesarios
A domiciliación tramítase:
- - Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro (ligazón OVT)
- - Na súa entidade bancaria, a través da solicitude correspondente
- - Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420 e 886 211 400)
- - En informacion.oral@depo.es
Máis información sobre o IAE aquí (ligazón a https://web.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral/tributos/iae)