ORAL-Xestión tributaria

Aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2023


04 agosto 2023

Desde o 4 de agosto ata o 4 de outubro está aberto o prazo para o aboamento das taxas municipais de 2023.

Se non ten o seu recibo de pagamento, recorde que pode obtelo e evitar recargas innecesarias a través dos seguintes medios:

Información sobre as domiciliacións

A data do cargo en conta dos recibos domiciliados polo importe total de cada un é o 4 de setembro.

No día seguinte á data límite de pagamento en período voluntario o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constrinximento, coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar custos innecesarios.

A domiciliación tramítase:

  • Na Oficina Virtual Tributaria de xeito sinxelo, rápido e seguro
  • Na súa entidade bancaria a través da solicitude correspondente
  • De xeito presencial na nosa rede de oficinas con cita previa  (886 211 420/886 211 400)
  • Por teléfono, a través do noso Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400 ou en informacion.oral@depo.es )

 

Máis información sobre as taxas municipais aquí