ORAL-Xestión tributaria

O Tribunal Supremo confirma o criterio seguido pola Deputación Pontevedra – ORAL en relación á plusvalía municipal na recente sentenza núm. 949/2023 do 10 de xullo de 2023


21 xullo 2023

O Tribunal Supremo ven de ditar a sentenza núm. 949/2023 do 10 de xullo de 2023, na que resolve o recurso de casación interposto pola Deputación Pontevedra – ORAL contra a sentenza número 96/2022 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, de 10 de maio de 2022, e confirma o criterio seguido por esta Deputación na resolución do recurso de reposición, que consistía, en aplicación da STC 182/2021, en considerar como situación consolidada e, por tanto, non impugnable, unha liquidación de IIVTNU contra a que a persoa interesada interpuxo recurso de reposición en prazo (o 5 de novembro de 2021) pero con posterioridade á data de ditado da STC 182/2021 (26 de outubro de 2021).

Asemade, o Tribunal Supremo fixa a seguinte doutrina:

"Como conclusión de todo o exposto establecemos como doutrina xurisprudencial que, de conformidade co disposto na STC 182/2021, do 26 de outubro, as liquidacións provisionais ou definitivas por Imposto sobre Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana que non fosen impugnadas á data de ditarse dita sentenza, 26 de outubro de 2021, non poderán ser impugnadas con fundamento na declaración de inconstitucionalidade efectuada na mesma, do mesmo xeito que tampouco poderá solicitarse con ese fundamento a rectificación, ex art. 120.3 LXT, de autoliquidacións respecto ás que aínda non se formulou tal solicitude ao tempo de ditarse a STC 26 de outubro de 2021.

Con todo, si será posible impugnar dentro dos prazos establecidos para os distintos recursos administrativos, e o recurso contencioso-administrativo, tanto as liquidacións provisionais ou definitivas que non houberen alcanzado firmeza ao tempo de ditarse a sentenza, como solicitar a rectificación de autoliquidacións ex art. 120.3 LXT, dentro do prazo establecido para iso, con base noutros fundamentos distintos á declaración de inconstitucionalidade efectuada pola STC 182/2021, do 26 de outubro. Así, entre outros, con fundamento nas previas sentenzas do Tribunal Constitucional que declararon a inconstitucionalidade das normas do IIVTNU en canto sometían a gravame inescusablemente situacións inexpresivas de incremento de valor (entre outras STC 59/2017) ou cando a cota tributaria alcanza confiscatorio (STS 126/2019) do mesmo xeito que por calquera outro motivo de impugnación, distinto da declaración de inconstitucionalidade por STC 182/2021."

STS Casación IIVTNU 949/2023