Noticias

A Lama recibe 83.000 € do plan concellos para a mellora de infraestruturas e acceso aos núcleos rurais

A institución provincial leva investidos 427.864,39 € no marco do Plan Concellos 2016, o que supón o 93% do total destinado ao municipio


25 xul 2016

A institución provincial, a través de dúas resolucións presidenciais, vén de aprobar dúas novas achegas do proxecto estrela do novo Goberno da Deputación, o Plan Concellos 2016, ao concello da Lama. Por unha banda, 51.104,63 € destinados á mellora de infraestruturas municipais na Lama, en Gaxate e en Xesta, e pola outra 32.115,38 € destinados á mellora de acceso aos núcleos rurais de Barcia, Seixido e A Lama, isto é, unha achega total de 83.220,01 €. Ambas as dúas actuacións veñen encadradas dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta contía vén sumase a outras xa aprobadas ao abeiro desta liña 1 do Plan Concellos, por un importe global de 179.935,91 € para o ensanche e mellora de pavimentos e drenaxes en Barcia de Seixo, a reforma do parque infantil en Verducido, a dotación da iluminación pública no polígono industrial e os muros de sostemento e pavimentación no Camiño das Chozas. Dentro da liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- a Deputación xa ten destinado este ano á Lama un total de 17.169,19 € para actividades da Semana Cultural 2016. Así mesmo, destináronse 60.000 € na liña 2 para amortización de débedas e outros 87.539 € na liña 4 para a contratación de 14 traballadores e traballadoras nos servizos municipais.

Ata o momento, a Deputación leva aprobado o 93,5% do total destinado á Lama dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 427.864,39 €.