Noticias

Visita do alumnado do módulo de Xardinería Forestal do Obradoiro de Emprego de Cambados á Estación Fitopatolóxica O Areeiro, da Deputación de Pontevedra


03 maio 2021
Obradoiro emprego cambados

Foron recibidos esta mañá polo deputado delegado de Centros de Investigación, Manuel González, e polo persoal do centro.

Participaron as seis alumnas e catro alumnos do módulo, acompañados do profesorado do Obradoiro, que leva por título "Renovación Urbana e Medioambiental. Cambados Cidade Europea de Viño". Tiveron ocasión de completar a súa formación achegándose ao traballo que se realiza no Areeiro, centro de referencia no estudo de enfermedidades das plantas, e tamén referencia mundial na investigación sobre a camelia.