Noticias

Vilaboa dálle un novo pulo ao Plan Revitaliza e convoca unha nova repartición de composteiros para a veciñanza

Os tres centros escolares, 16 grandes produtores de lixo, así como máis de medio milleiro de familias do concello xa compostan os seus biorresiduos


04 novembro 2018
Plan Revitaliza en Vilabo

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra está collendo moi boa forma no concello de Vilaboa: todos os centros escolares, 16 grandes produtores e máis de medio milleiro de familias xa compostan os seus biorresiduos tanto en composteiros comunitarios como en composteiros individuais. Para seguir con esta boa dinámica, e tendo en conta que cada veciña ou veciño con vivenda en Vilaboa ten o dereito a recoller o seu composteiro, ferramenta e ás visitas de asesoramento do persoal de Amigos da Terra, o persoal técnico da Deputación realizará este próximo domingo día 4 ás 12 h na casa da cultura de Riomaior unha nova repartición de composteiros.  

Ademais de informar sobre as vantaxes da compostaxe, as mestras e mestres composteiros explicarán tamén de que se vai poñer en marcha o servizo de préstamo de microtrituradoras, polo que tamén poderán acudir as e os cidadáns para apuntarse neste servizo de cara á campaña de poda (leñosas de xardiñeiría, ou similar).

Polo de agora en Vilaboa xa hai 9 centros de compostaxe comunitaria (CCC) instalados e en funcionamento sumando en total 71 unidades modulares de compostaxe (UMC) de un metro cúbico de capacidade e que dan servizo aos principais negocios de hostelería do concello, o que demostra o compromiso dos hosteleiros de Vilaboa cunha correcta xestión dos seus residuos. Participan en total 16 establecementos (restaurantes, residencias de maiores e algunha residencia con marcado carácter social) compostando os seus residuos orgánicos.

Por outra parte, a totalidade dos centros educativos de Vilaboa xa están compostando os seus residuos orgánicos, xa que dispoñen de instalación e acompañamento do persoal provincial da asociación Amigos da Terra no CPI do Toural, no CEP Plurilingüe de Riomaior e nos CRA (3 a 6 anos) de Bértola, Figueirido, Paredes, Barciela e Pousada.

Tamén é de sinalar o bo funcionamento do punto de intercambio de poda e estruturante (coñecido como "punto verde") do monte do Cabalo, onde as propias veciñas e veciños levan os seus restos vexetais (en lugar de facer queimas) transformándoos nun produto, o estruturante, que posteriormente é empregado polas persoas usuarias do programa de compostaxe provincial.


Novas relacionadas

Almorzo informativo

10 xaneiro 2018, eva vilaverde, mosquera, plan revitaliza, desayuno, informativo