Noticias

Unha mirada fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con discapacidade


07 abr 2016
Exposición fotográfica sobre a vida cotiá con discapacidade

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acollerá este venres en Pontevedra, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da exposición fotográfica "As persoas con discapacidade na vida cotiá".

A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade, da Universidade de Salamanca, coa colaboración de Down Galicia e o apoio da Deputación de Pontevedra, está composta por 65 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos seus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e, por suposto, o fotógrafo que realiza a instantánea. O obxectivo é ofrecer imaxes positivas que permitan a reflexión, a empatía e a identificación co mundo da discapacidade.

O acto de inauguración contará coas intervencións do presidente da asociación Xuntos, un representante do Grupo Norte e a deputada provincial de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas.