Noticias

Tui recibe 5.000 € do Plan Concellos 2016 para o financiamento do "Campamento de verán 2016"

O grao de adxudicación do Plan Concellos en Nigrán sitúase preto do 70%, o que supón un investimento na vila de 664.669,91 €


17 jul 2016

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao concello de Tui ao abeiro da liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– do Plan Concellos 2016. Nesta quenda, trátase de 4.893,16 € que se destinarán ao financiamento da actividade "Campamento de Verán 2016".

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 415.152,75 € na liña 1 para o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais "Alcalde Álvarez Durán", a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano, a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes e a realización de obras no interior do pavillón da Macoca, así como 30.819 € na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido) e financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e 213.805 €, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 69,8% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de 664.669,91 €.