Noticias

Son galego, son cubano, Roi Casal, Amantes da Terra e Manoele de Felisa concertos desta semana na provincia da man de Musigal 2020

Co programa da Deputación de Pontevedra, Roi Casal estará o venres en Sanxenxo, Son galego, son cubano o sábado no Grove, o domingo Manoele de Felisa actuará en Covelo e Amantes da Terra en Moraña


21 xullo 2020

Musigal, o programa cultural da Deputación de Pontevedra, continúa espallando esta semana a música por toda a xeografía da provincia de Pontevedra con catro novos concertos. As actuacións comezarán en Sanxenxo este próximo venres 24, cando ás 22:00 horas, Roi Casal ao escenario situado na praza dos Barcos. Xa o sábado 25 o espectáculo Son galego, son cubano chegará á praza do Corgo do Grove ás 21:30 horas.

Para o domingo 26 están programados dous concertos máis. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de Amantes da Terra a partir das 22:00 horas, e á mesma hora Manoele de Felisa interpretará os seus temas na praza do Concello de Covelo.

O programa Musigal da Deputación de Pontevedra ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos da provincia e está dirixido especificamente aos grupos e artistas profesionais de música, ademais de fomentar o uso social da música en galego e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A institución provincial ten pechados ata agora máis de 40 concertos. Ademais dos xa realizados en Tomiño, Bueu, Gondomar, Meaño e Poio e dos que terán lugar esta semana en Sanxenxo, O Grove, Moraña e Covelo, Musigal tamén ten programados concertos en Silleda, Lalín e Rodeiro.