Noticias

"SmartPeme" pon en marcha esta semana outros tres obradoiros en liña

Ata o xoves 15 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre como debuxar con Ciberseguridade, Vídeo Márketing ou Debuxo Onshape


12 xullo 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de "SmartPeme", oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a Ciberseguridade en 2021, a creación de vídeo márketing ou debuxos con Onshape.

En concreto, este martes 13 impartirase o obradoiro Covid e Ciberseguridade en 2021, que estará a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen concienciará ás persoas usuarias dos perigos de sufrir un ciberataque e das medidas para evitalo.

O mércores 14, Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos e Deseño Gráfico, falará de Vídeo Márketing IV-Stop Motion, Crea os Teus Vídeos con este Efecto, obradoiro que permitirá descubrir este orixinal recurso para darlle un plus de creatividade ao noso contido.

Para finalizar a semana, o xoves 15 de xullo, será a quenda de Debuxo con Onshape, Proxecto Completo II a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen ensinará ao usuario a forma de debuxar a través do software cunha totalidade de 10 sesións divididos en tres sesións: PartStudio, Assemby e un proxecto de desenvolvemento completo.