Noticias

SmartPeme pon en marcha esta semana outros cinco obradoiros en liña

Ata o xoves o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre webinarios, redes sociais, sostibilidade, Google My Business e IoT


14 decembro 2020

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre novas vías coas que promocionar produtos no entorno en liña, a mellora da sostibilidade e o IoT, unha das principais tecnoloxías de vangarda.

En concreto, este martes 15 impartirase o obradoiro Infoprodutos de Vídeo: o Webinario, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. Pola tarde terá lugar a intervención de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, quen falará de Vender os teus Produtos en Facebook e Instagram.

O mércores 16 será a quenda de Como Mellorar a Sostibilidade do teu Establecemento Turístico, neste caso o obradoiro será impartido por Mariana Rosa, graduada en Turismo pola Universidade de Vigo. Por último, o xoves 17 Adrián Fernánez, licenciado en Comunicación Audiovisual, falará sobre Promocionar o teu Negocio con Google My Business; e, pola tarde, Manuel Freire, experto universitario en Robótica explicará Que é o IoT e que Promete.