Noticias

SmartPeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros en liña

Ata este venres o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre posicionamento en stories, infoprodutos, configuración de PC e Google Analytics


10 maio 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre os stories e o seu posicionamento, os infoprodutos, a configuración dun PC adecuada á actividade profesional e o emprego de Google Analytics para a toma de decisións.

En concreto, mañá, 11 de maio, impartirase o obradoiro Mellora os teus Stories e o seu Posicionamento, a cargo de Guillermo Nass, TSU en deseñado gráfico publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera. O mércores 12 será a quenda de Infoprodutos: que Son e como Crealos, impartido pola posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde; e, o mércores 13, de Configuración Óptima dun PC Segundo a Actividade a Realizar II, a cargo do experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D Manuel Freire. Por último, o xoves 14 de maio, a enxeñeira técnica en Informática de Xestión Esther Garcinuño, impartirá o obradoiro Google Analytics para a Toma de Decisións.