Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros tres obradoiros en liña

Ata o 19 de febreiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre a impresión 3D VI, a obtención do valor dos datos con Google Data Studio e a obtención de informes personalizados en Google Analytics


14 febreiro 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de maneira en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a impresión 3D VI: Laminador Cura II, a obtención do valor dos datos con Google Data Studio e a obtención de informes personalizados en Google Analytics.

En concreto, o xoves 18 impartiranse os obradoiros Impresión 3D VI: Laminador Cura II", a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido semanas anteriores e, por outra banda, Obtén o Valor dos teus Datos con Google Data Studio, que será impartido por María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa cun mestrado en marketing dixital.

O venres 19, Esther Garcinuño, enxeñeira técnica en Informática, impartirá Informes Personalizados en Google Analytics, introducindo os conceptos básicos desta potente ferramenta sobre as visitas na nosa web.