Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros tres obradoiros en liña

Ata o 25 de marzo o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Como Transmitir un Evento en liña en Streaming e de Xeito Profesional, e Como Promocionar o teu Negocio en Google


21 marzo 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como transmitir un evento en liña, que desenvolverase en dous bloques, así como promocionar o teu negocio en Google.

En concreto, este martes 23 impartirase o obradoiro Como Transmitir o teu Evento en liña de Xeito Profesional III-A túa Imaxe en Streaming, estarán a cargo, como noutros obradoiros, de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos artísticos de Deseño Gráfico.

O mércores 24, Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartirá Promociona o teu Emprego con Google My Business, obradoiro que ten a finalidade dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade.

Para finalizar a semana, o xoves 25, falarase de Como Transmitir o teu Evento en liña de Xeito Profesional IV, onde Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, explicará as bondades dunha boa comunicación en liña e como mellorar os eventos en liña cos clientes.