Noticias

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros seis obradoiros en liña

Ata o 26 de febreiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre a xestión administrativa 4.0, a técnica e composición en fotografía, técnicas de márketing, audiomarketing, Impresión 3D e mellora da produtividade


21 febreiro 2021

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana seis novas accións formativas impartidas de xeito en liña, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a xestión administrativa 4.0, a técnica e composición en fotografía, técnicas de márketing, audiomarketing, Impresión 3D e mellora da produtividade.

En concreto, 0 martes 23 impartiranse os obradoiros Xestión Administrativa 4.0: Firma Dixital e Facturación Electrónica, a cargo de Daniel Cerqueiro, licenciado e doutor en Ciencias Físicas e, por outra banda, Técnica e Composición en Fotografía, da man de Laura Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.

O mércores 24, Sonia Torres, técnica en Empresas e Actividades Turísticas, impartirá Técnicas de Márketing para a Promoción de Tours, Experiencias e Actividades, dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para persoas viaxeiras, turistas e para a poboación local. No mesmo día, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro Audiomarketing: Crea e Diferénciate da Competencia cos Podcast, onde falará da utilidade desta ferramenta.

O xoves 25, será a quenda de Impresión 3D VII : Laminador Cura III a cargo do experto en robótica Manuel Freire, quen dará continuidade ao obradoiro impartido semanas anteriores. Para finalizar, o venres 26, falarase da Mellora a túa Produtividade con Trello e outras Aplicacións, onde Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre esta ferramenta e como xestionar o noso traballo desde a casa